

Olladas Atlánticas
Montse Rego+Chiu Longina+Hermi Basalo+Roberto d Bouzas
Proxecto producido polo Museo do Mar de Galicia.
convocatoria pública de becas de producción e compra.
Comisario: Manuel Olveira
Fotos making off: Foto1 Foto2 Foto3 Foto4 Foto5 Foto6 Foto7 Foto8 Foto9 Foto10 Foto11 Foto12 Foto13 Foto14
Extracto Diario de Campo: [texto: Herminia Basalo]
As pingas de choiva acudiron a primeira cita. Non podía ser doutro xeito. A viaxe xiraría en torno o océano. Tamén é verdade que o outono xa empezara. Este é o momento no que se acha o espacio no que se exporá a obra pensada e tamén a atopada porque anque as ideas están claras o océano, sempre trae sorpresas.
Tamén unha pequena homenaxe os que nos precederon. Unha exposición substituirá a outra pero o océano seguirá presente.
e… Presentación dos “actores”. Estamos en Corrubedo, primeiro punto de parada e inicio da viaxe pola nosa costa. Imaxes e sons. Empezamos na rúa unindo arquitectura e mar, aquí escondido pero co seu olor e co seu murmurio de fondo.
[…] A comida. Despois do primeiro contacto co mar, da primeira acción, da primeira intervención sonora e visual veu o xantar que serviu para contar as primeiras impresións. Foi tamén a unión da terra e do mar mediante a comida. Houbo fabada e peixe.[…]
[…] A maxia existe. Cando chegamos a Fisterra empezaba a escurecer pero como é propio dos días de outono aínda había esa claridade misteriosa que fai que os obxectos refulxan con intensidade. Non sei se foi a luz ou este pobo mariñeiro pero todos sentimos unha ledicia brincadeira. Dimos un paseo pola vila que estaba a rebulir de xente, aquí os nenos xogan e falan en galego sen ningún complexo.
Paseando polas rúas atopamos unha ventá de cociña aberta. Dentro unha parella (Anita e Pascal) e un can (Tuffi). A xanela case estaba a nivel do chan permitindo que ollásemos o rebulir que había no interior. O abraio foi atopar a Anita (alemana) e a Pascal (francés) cociñando sushi en Fisterra. Amablemente ofrecéronnos probar e nós aceptamos encantados. Despois contámoslle o título do noso traballo e miráronnos con esa ollada que teñen os que cren que a vida está chea de sorpresas. Eles levaban en Fisterra todo o verán e nunha semana retomarían o seu camiñar (percorren Europa acompañados polo seu can).
Unha vez máis o mar propiciaba un encontro sorpresivo no que compartir proxectos e risas.[…]
[…] O caer a tarde marchamos de Fisterra, unha ledicia percorría os corpos e a sensación de que o mar todo o trae e todo leva. Este mar que é barreira, que e fin. Que nos pecha. E tamén este mar que nos traslada, que nos move. Que abre. A eterna dicotomía. O anverso e o reverso. A terra e o mar. Os galegos e o noso traballo. E a esperanza sempre sosegada, sempre cautelosa. Esta vez a sirea estaba muda pero fomos capaces de recordar a súa forza, a súa onda penetrando nos corpos e rebulindo por dentro.[…]
[…] Coa noite xa pechada e na habitación do hotel mirando o traballo feito. Son momentos de fatiga, de reflexión, este día foi intenso. O mar contou segredos e, xa sabemos que ás veces, estes feren a alma.[…]
[…] Na escuridade da noite tentamos recoller a voz encerrada dentro dos grandes cilindros que cobreguean o monte. A fervenza musitaba e nalgún momento oímos un queixume magoento. Tamén a maraña de fíos eléctricos nos prestou a súa voz. Imaxe do ollo espía espiado por outro ollo. Un dos compañeiro inseparables e un intervencionista silencioso: o pequeno micro dobre.[…]
[…] O mar de fondo, sempre presidindo esta viaxe de achegamento a este xeroglífico, intentando descifrar os seus segredos, os seus misterios, os seus sons, as súas imáxes, os seus recordos. Lugar de deleite, de ocio, de traballo. Cheo de incoherencias, de preguntas, incomprendido, sempre presente, sempre fermoso. Inmenso. […]
[…] Escoitando, reflexionando, pensando e fundíndose na estructura de pedra e metal. O sol baña os corpos e o mar trae durmideiras cancións. Mestura de profano e sacro, de vida e morte. Outra vez o dobre xogo, a dobre visión. O lúdico e o transcendental. E de fondo o mar, inmenso, observando todo. Coma un amante escondido. Chegaban risas de vez en cando voando no ar.[…]
[…] Tamén as igrexas teñen palabras, música, silencios. É imaxes, moitas imaxes. Esta de Muxía está pegada ó mar, unidos na viaxe. Dentro réplicas dos barcos que percorren os camiños de auga. Peticións veladas e rogos.
Misticismo, relixión, fe cega mesturada de medo e esperanza e tamén de festa. Unha composición que tenta amosar o recollemento e o respecto co que nos metemos dentro. Os bancos de madeira estaban húmidos e ulía a lixivia porque as mulleres do pobo estiveran limpando.[…]
[…] No camiño a San Andrés de Teixido atopamos no medio do monte, uns cabalos medio camuflados entre a vexetación dourada e a néboa que comezaba a baixar. Pareceunos unha visión mitolóxica, chea de simbolismo. Son animais de terra pero nos seus paseos, na súa comida, nos seus pensamento están acompañados polo mar que dende alá, ó fondo, fai chegar o seu ruxido ata onde eles pacen.
Despois chegamos ó pobo e o mito desapareceu. Descubrimos un decorado pantasma, reflexo doutros acontecementos que quixemos imaxinar vivos, tamén lúdicos. Casas pechadas e mostradores rústicos e baleiros.
A igrexa tamén estaba en sintonía co decorado exterior. Penumbra e silencio. Mestura de imaxes e moitos reloxos que non conseguían facer que o tempo avanzase. Stop, parada. Lugar de visita obrigada “de vivos ou mortos”. Cando saímos o único que seguía batendo con forza era ese mar alporizado que nos recordaba que el seguía presente. Alguén suxeriu que quizais o santo marchara de viaxe. Quizais estaba a dialogar con ese elemento sempre vivo, sempre cambiante. Quizais necesitaba mergullarse, purificarse e danzar coas sereas ou coas algas para seguir recibindo ós visitantes que con tanto fervor lle deixaban escritas súplicas e favores cotiáns, semellantes e únicos na súa igualdade.[…]
[…] Despois dun día de choiva, chegamos ó punto de descanso. Fixemos unha cea e comemos na intimidade deste “fogar improvisado”. Momento para o descanso, para charlas e silencios. Poñendo en orde os pensamentos e as emocións. Compartindo e debatendo.[…]
[…] Outro brinde, outra conversa co mar adormecéndonos a vista e os pensamentos. A viaxe xa estaba chegando ó remate. Momentos para falar e para saborear. […]
[…] Outra fusión, o pasado, o presente, o futuro. Os recordos infantís cando o avó che dicía “pega a cuncha a orella e escoitarás o mar” e ti, que aínda nunca viras a inmensidade do océano, que non coñecías nin a súa voz nin o seu cheiro, achegabas a orella a aquel obxecto estraño e sorrías. Tamén pensabas “debe ser bonito o mar” e sen coñecelo deixábaste levar polas súas ondas e imaxinabas fermosas aventuras. A maxia e o misterio xuntos. Sen preguntas, só sorrisos pícaras.
Agora o mar está diante e segue soando nunhas caracolas electrificadas. E o seu son segue a ser o mesmo. E a maxia tamén.[…]
[…] O monte e o mar unidos de novo. E a mirada dende o alto. Outra contemplación e outro intento de recoller a conversa que este mantiña connosco dende facía días. A viaxe estaba rematando e esta foi unha das últimas charlas. Encontro de elementos.
A música segue soando e é momento para a evocación. O músico regala melodías.[…]
______________________________________
Las gotas de agua acudieron a la primera cita. No podía ser de otro modo. El viaje giraría en torno al océano. También es cierto que el otoño ya había empezado. Éste es el momento en el que se encuentra el espacio en el que se expondrá la obra pensada y también la encontrada porque aunque las ideas están claras, el oceáno siempre trae sorpresas.
También un pequeño homenaje a los que nos precedieron. Una exposición substituirá a otra pero el oceáno seguirá presente.
y…Presentación de los “actores”. Estamos en Corrubero, primer punto de parada e inicio del viaje por la costa. Imágenes y sonidos. Empezamos en la calle uniendo arquitectura y mar, aquí escondido pero con su olor y con su murmullo de fondo.
[…]La comida. Después del primer contacto con el mar, de la primera acción, de la primera intervención sonora y visual llegó la hora de la comida que sirvió para contarnos las primeras impresiones. Fue también la unión de la tierra y el mar a través de la comida. Hubo fabada y pescado.[…]
[…] La magia existe. Cuando llegamos a Fisterra empezaba a oscurecer pero, como es propio de los días de otoño aún tenía esa claridad misteriosa que hace que los objetos brillen con intensidad. No se si fue la luz o este pueblo marinero pero todos sentimos una alegría bulliciosa. Dimos un paseo por este lugar que estaba lleno de gente, aquí los niños juegan y hablan en gallego sin ningún complejo. Paseando por sus calles encontramos una ventana de cocina abierta. Dentro una pareja (Anita y Pascal) y un perro (Tuffi). La ventana case estaba a ras del suelo permitiéndonos mirar el movimiento que había en el interior. La sorpresa fué encontrar a Anita (alemana) y a Pascal (francés) cocinando sushi en Finisterre.
Amablemente nos ofrecieron probar y nosotros aceptamos encantados. Después le contamos el título de nuestro trabajo y nos miraron de esa forma en que lo hacen los que creen que la vida está llena de sorpresas. Ellos habían pasado todo el verano en Finisterre y en una semana retomarían su caminar (recorren Europa acompañados de su perro).
Una vez más el mar propiciaba un encuentro sorpresivo en el que compartir proyectos y risas.[…]
[…] Al caer la tarde nos fuimos de Fisterra, una alegría recorría los cuerpos y la sensación de que el mar todo lo trae y todo lo lleva. Este mar que es barrera, que es fin. Que nos encierra. Y también este mar que nos traslada, que nos mueve. Que abre. La eterna dicotomía. El anverso y el reverso. La tierra y el mar. Los gallegos y nuestro trabajo. Y la esperanza siempre sosegada, siempre cautelosa. Esta vez la sirena estaba muda pero fuimos capaces de recordar su fuerza, su onda penetrando en nuestros cuerpos y moviéndose por dentro. […]
[…] Con la noche ya caida y en la habitación del hotel mirando el trabajo realizado. Son momentos de fatiga, de reflexión, este día fue intenso. El mar contó secretos y, ya sabemos que algunas veces, éstos hieren el alma.[…]
[…] En la oscuridad de la noche intentamos recoger la voz encerrada dentro de los enormes cilindros que serpentean el monte. La cascada musitaba y, en algún momento, escuchamos un quejido lastimoso. También la maraña de hilos eléctricos nos prestó su voz. Imagen del ojo espía espiado por otro ojo. Uno de los compañeros inseparables y un intervencionista silencioso: el pequeño micro doble.[…]
[…] El mar de fondo, siempre presidiendo este viaje de acercamiento a este jeroglífico, intentando descifrar sus secretos, sus misterios, sus sonidos, sus imágenes, sus recuerdos. Lugar de deleite, de ocio, de trabajo. Lleno de incoherencias, de preguntas, incomprendido, siempre presente, siempre hermoso. Inmenso. […]
[…] Escuchando, reflexionando, pensando y fundiéndose en la estructura de piedra y metal. El sol baña los cuerpos y el mar trae arrulladoras canciones. Mezcla de profano y sagrado, de vida y de muerte. Otra vez el doble juego, la doble visión. Lo lúdico y lo transcendental. Y de fondo el mar, inmenso, observándolo todo. Como un amante escondido. Llegaban risas de vez en cuando volando en el aire. […]
[…] También las iglesias tienen palabras, música, silencios. E imágenes, muchas imágenes. Ésta de Muxía está pegada al mar, unidos en el viaje. Dentro réplicas de los barcos que recorren los caminos de agua. Peticiónes veladas y ruegos.
Misticismo, religión, fe ciega mezclada con miedo y esperanza y, también con fiesta. Una composición que intenta mostrar el recogimiento y el respeto con el que nos metimos dentro. Los bancos de madera estaban húmedos y olía a lejía porque las mujeres del pueblo habían estado limpiando.[…]
[…] En el camino hacia San Andrés de Teixido encontramos en el medio del monte, unos caballos medio camuflados entre la vegetación dorada y la niebla que comenzaba a bajar. Nos pareció una visión mitológica, llena de simbolismo. Son animales de tierra pero en sus paseos, en su comida, en sus pensamientos están acompañados por el mar que dende allá, en el fondo, hace llegar su rugido hasta dónde ellos pacen.
Después llegamos al pueblo y el mito desapareció. Descubrimos un decorado fantasma, reflejo de otros acontecimientos que quisimos imaginar vivos, también lúdicos. Casas cerradas y mostradores rústicos y vacios.
La iglesia también estaba en sintonía con el decorado exterior. Penumbra y silencio. Mezcla de imágenes y muchos relojes que no conseguían hacer que el tiempo avanzase. Stop, parada. Lugar de visita obligada “de vivos o muertos”. Cuando salimos lo único que seguía batiendo con fuerza era ese mar alporizado que nos recordaba que él seguía presente. Alguien sugirió que quizás el santo se había ido de viaje. Quzás estaba dialogando con ese elemento siempre vivo, siempre cambiante. Quizás necesitaba sumergirse, purificarse y bailar con las sirenas o con las algas para seguir recibiendo a los visitantes que con tanto fervor le dejaban escritas súplicas y favores cotidianos, similares y únicos en su igualdad. […]
[…] Después de un día de lluvia, llegamos al punto de descanso. Hicimos una cena y comimos en la intimidad de este “hogar improvisado”. Momento para el descanso, para charlas y silencios. Poniendo en orden los pensamientos y las emociones. Compartiendo y debatiendo. […]
[…]
Otro brindis, otra conversación con el mar adormeciéndonos la vista y los pensamientos. El viaje estaba llegando al final. Momentos para charlar y saborear.[…]
[…] Otra fusión, el pasado, el presente, el futuro. Los recuerdos infantiles cuando el abuelo te decía “pega la concha a la oreja y escucharás el mar”, y tu, que aún nunca habías visto la inmensidad del océano, que no conocías ni su voz ni su olor, acercabas la oreja a aquel objecto extraño y sonreías. También pensabas “debe ser bonito el mar” y sin conocerlo te dejabas llevar por sus olas e imaginabas hermosas aventuras. La magia y el misterio juntos. Sin preguntas, sólo sonrisas pícaras.
Ahora el mar está delante y sigue sonando en unas caracolas electrificadas. Y su sonido sigue siendo el mismo. Y la magia también.[…]
[…] El monte y el mar unidos de nuevo. Y la mirada desde lo alto. Otra contemplación y otro intento de recoger la conversación que éste estaba manteniendo con nosotros desde hacía días. El viaje estaba acabando y ésta fué una de las últimas conversaciones. Encuentro de elementos.
La música sigue sonando y es momento para la evocación. El músico regala melodías.[…]
.
Video: Making OFF [7,31Mb]
SUSHI_para_4 [Arquivo Video]
Museo do Mar de Galicia. Vigo, 2003
.
.
.
.

