inicio mail me! sindicaci;ón

Paracusia DVD: HssDelay video [Galego]

chiu longina paracusia chiu longina paracusia chiu longina paracusia
chiu longina paracusia chiu longina paracusia chiu longina paracusia

PARACUSIA
HssDelay. Dvd.video
Presentación Paracusia [pdf galego] [pdf castellano]
Press releases !Siam Acnun [pdf spanish, english, portugues]

Making OFF:
Foto1 Foto2 Foto3 Foto4 Foto5 Foto6
Foto7 Foto8 Foto9 Foto10 Foto11

[…] Os sons non son só símbolos, son actos […] (1*)
[…] Só observo que nas máis sofisticadas presentacións, os erros tenden a ser máis interesantes para a audiencia co éxito. […] (2*)

O audio. Linguaxe sen significado, simple e oscuro significante. Enigma indescifrable. Pensamento exento de imaxes e de imaxinario. Poder subversivo, animal indomable. Línea de tempo real.

Sin intención, análisis ou reflexión, a laptop-music é significante, carece de significado. Autoxestiónase e auto-explícase, non se apoia en acontecementos exteriores porque non os necesita; é pois, autosuficinte. É unha conclusión histórica, popular. Mantén un diálogo íntimo e contractual có oído dos seres vivos e o seu hábitat é o dispositivo portátil, o “Sound System”. É unha consecuencia do avance tecnolóxico, que tampouco é condicionante, só inherente. Créase en silencio e consúmese en silencio. Hule das trampas da linguaxe e discorre libre e espontáneamente, narra o presente, obvia as perversións do discurso cultural e non triunfa porque busca o encontro constantemente. Non depende do senso da armonía, en realidade non o necesita xa que hule dos academicismos e as leis musicais. Inventa tonos e modos creando novos discursos e linguaxes manipulando o audio como materia plástica e tridimensional; tanxible. Escultura sónica ou plasticidade auditiva. Non escoita; filtra, rexenera, reconduce, aprópiase. Comparte os postulados de Cage “a música é Organización de Son” (3*) (introducido por Edgar Varèse), mais, ampliando e actualizando esta definición, a laptop music asume a intelectualidade da escoita e a súa gramatización. Quere circular, correr polo espacio e enchelo todo, apropiarse de todo.

Emparexados
Do SUNRISE ó IFI/de LONGWICK a FRECUENCIES HZ/do FLYER ó SMS/de M.A.R.R.S “PUMP UP THE VOLUME” (SAMPLEDELIA 1) a AKUFEN/de M.A.R.R.S a ABLETON LIVE!/de AMNESIA a ZEPPELIN/de BALEARIC BEATS a BOOTGLESS/do FAIRLIGHT ó HALION/de A GUY CALLED GERALD a VLADISLAV DELAY/de RHYTHM KING a MILLE PLATEAUX/dos NEW AGE TRAVELLERS-CRUSTIES ós FREELANDS DESIGNERS/da CRIMINAL JUSTICE BILL á BSA/da EMPATIA á ESQUIZOFRENIA/de CHARLY (PRODIGY) a MISS KYTIN/.

(1*) Barber, Llorenc: “Los dioses muertos”, en Revista de Occidente, Nº 151 (Madrid, diciembre 1993). Pp. 27-46
(2*) Zicarelli, David. (Citado por) Kim Cascone La Estética del Error, http://www.ccapitalia.net (última consulta: noviembre 2002).
(3*) “Composition as Process, III”, Silence, op. cit., p.51; For the Birds, op. cit., p. 115; “How to Pass, Kick, Fall, and Run”, A Year from Monday, op. cit., p. 134.

Paracusia, HssDelay [08′57″]


.
.