
REXISTROS FOTOGRÁFICOS/PICS
Berio no barco Cangas-Vigo Chiu no barco Cangas-Vigo Berio na Unidade móvil
Berio na Unidade móvil2 Berio na Unidade móvil3 Chiu na Unidade móvil2
Berio gravando Berio gravando na Praia de Viño Berio no barco Cangas-Vigo2
Berio no barco Cangas-Vigo3 Chiu no barco Cangas-Vigo2 Chiu no barco Cangas-Vigo3
Berio no Parque de Liméns Berio na Praia de Liméns Chiu na Praia de Viñó
[Paisaxes Sonoras dentro do proxecto colaborativo Escoitar.org]
O concello de Cangas pertence á provincia de Pontevedra. Situado ao sudoeste da provincia do Morrazo, limita ao norte con Bueu, ao sur coa ría de Vigo, ao leste con Moaña e ao oeste co oceáno Atlántico. Cunha extensión de 38,1 Km2, recolle as parroquias de Aldán, O Hío, Coiro, Darbo e Cangas.
Eu e máis Berio Molina organizamos unha pequena viaxe na unidade móvil para gravar algunhas Paisaxes Sonoras ao longo da costa.
A primeira gravación foi na praia de Liméns, a moi poucos kilómetros ó Oeste de Cangas do Morrazo. Esta praia ten unha extensión de 500m. de lonxitude e un Camping que lle da vida nos meses de verán. Chegamos nas unidades móviles, (duas bicicletas equipadas con alforxas para levar os materiais), e despois de percorrer con elas as pasarelas de madeira chegamos ao fondo da praia e fixemos a primeira gravación.
Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor:
A seguinte gravación foi a moi poucos metros da primeira. Subimos ata o Parque Medioambiental de Liméns e alí, dende un penedo, fixemos o segundo rexistro. Cando esperábamos escoitar sons típicos dun paque natural (paxaros, insectos, árbores axitadas polo vento…), atopámonos cunha gravación chea de voces de nenos e pais que xogaban nunha pequena praia a 200m máis abaixo.
Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor:
Seguimos avanzando nas bicicletas, pero o cansancio e o sol fíxonos esquecer a idea de facer unha gravación na praia de Nerga, así que seguimos ata Viño, unha praia para espidos, e alñi fixemos a terceira gravación. Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor:
E xa de volta a Vigo, démonos conta de que o “Mar de Ons”, o barco que cruza a ría entre Vigo e Cangas, ten os seus días contados. Estase falando da construcción dunha nova ponte que atravese a ría, e tamén de incorporar Hovercrafts para estas rutas. O son do “Mar de Ons” está, entón, en perigo de extinción. Fixemos dúas gravacións dos primeiros e dos últimos minutos desta viaxe. Na segunda gravación pódense escoitar algunhas voces anónimas, (ao final da gravación), que estamos seguros que serven de testigos dunha viaxe “tipo” entre Cangas e Vigo. Estas Paisaxes Sonoras xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se poden escoitar nos seguintes reproductores:
.
.
.

