inicio mail me! sindicaci;ón

Sushi para 4: Corpos Extraños

sushi para 4, chiu longina sushi para 4, chiu longina sushi para 4, chiu longina
sushi para 4, chiu longina sushi para 4, chiu longina sushi para 4, chiu longina

Web Sushi para 4

Fotos Making OFF: Foto1 Foto2 Foto3 Foto4 Foto5 Foto6 Foto7
Comentario (sobre estas fotos e a preparación desta video-acción)

Olladas Atlánticas
Montse Rego+Chiu Longina+Hermi Basalo+Roberto d Bouzas
Proxecto producido polo Museo do Mar de Galicia.
convocatoria pública de becas de producción e compra.
Comisario: Manuel Olveira

Fotos exposición: Museo do Mar de Vigo
Foto1 Foto2 Foto3 Foto4 Foto5 Foto6 Foto7 Foto8 Foto9 Foto10 Foto11 Foto12 Foto13

Extracto Diario de Campo: [texto: Herminia Basalo]

Estabamos na praia de A Vouga ou de San Francisco. Unha praia que hoxe tamén está intervida pola acción humana e que ten pouco que ver coa acepción de deserta á que fai alusión a súa primeira definición. As instalacións do cámping e a amabilidade dos propietarios permitíronnos darnos unha boa ducha quente despois de pasar varias horas deixándonos levar polas ondas ata que estas decidiron vararnos na area.

[…] A piques de cumprirse un ano da gran catástrofe, un ano de goteo continuo, quixemos sentir coma o mar intenta devolver á terra todo aquelo que non lle pertence. Somos piche pegañento, negro, que fede pero tamén poderiamos ter sido náufragos…

As tres manchas que nalgún momento foron unha soa miran a cámara, están case en posición de reverencia para agradecerlle o ollo que os vixía que recollese a súa danza coas ondas. O mar apropiouse do espírito, eles querían xogar con el pero foi el quen acabou xogando con eles. Momentos de bacío.

O ceo mesturase co mar e a penas se descubre unha liña de separación. Xurde un corpo do medio da escuma. A danza continua.
______________________________________

Estábamos en la playa de A Vouga o de San Francisco. Una playa que hoy también está intervenida por la acción del hombre y que tiene poco que ver con la acepción de desierta a la que hace alusión su primera definición. Las instalaciones del cámping y la amabilidad de los propietarios hicieron posible que nos diésemos una buena ducha de agua caliente después de pasar varias horas dejándonos llevar por las olas hasta que éstas decidieron vararnos en la arena.

[…] A punto de cumplirse un año de la gran catástrofe, un año de goteo continúo, quisimos sentir como el mar intenta devolver a la tierra todo aquello que no le pertenece. Somos alquitrán pegajoso, negro, pestilente pero también podríamos haber sido náufragos…

Las tres manchas que, en algún momento fueron una sola, miran a la cámara, están casi en posición de reverencia para agradecerle al ojo que los vigila que recogiese su danza con las olas. El mar se adueñó del espíritu, ellos querían jugar con él pero fue él quien acabó jugando con ellos. Momentos de vacío.

El cielo se mezcla con el mar y, apenas se descubre una linea de separación. Sale un cuerpo de entre la espuma. La danza continúa.

Audio: Sushi Min [mp3, 9′47″]

.
Video: Corpos Extraños [22,3Mb]
SUSHI_para_4 [Arquivo Video]
Praia da Vouga (ou San Francisco)
Museo do Mar de Galicia. Vigo, 2003


.
.
.

Comentario da preparación da video-acción:

Esta serie forma parte do momento no que nos preparabamos para intervir no mar. Era o inicio da viaxe e tamén o da primeira acción. Utilizamos as duchas do cámping como punto de preparación e despregamos alí o equipo. A cor elixida para esta intervención foi a negra, a mesma que cubriu os areais e bañou as costas fai xa un ano. A mesma que segue agochada esperando… Aquí reflíctense os momentos nos que nos vestiamos cos traxes de buzo para mergullarnos na auga. Debaixo os buzos, enriba destes o manto negro co que acabar de cubrirnos. Momentos para intercambiar instruccións, momentos de aproximación.

Xa na auga descubrimos que ó mar non lle gusta ser un actor secundario, aínda que ás veces se lle impoña este papel. Ese día estaba alborotado e as ondas afanábanse en levarnos cara o sitio onde batían, todo o seu antollo. A acción veuse modificada ó seu capricho. Así, por momentos eramos chapapote escupido pero tamén poderiamos ter sido náufragos ou como alguén suxeriu nun momento, focas monxe varadas. O mar rompéndose, quizais desafogándose polo que non puido desfacer, quizais bravo porque aínda anda a comer algo que non pediu, quen sabe…
______________________________________
Esta serie forma parte del momento en el que nos preparábamos para intervenir en el mar. Era el inicio del viaje y también el de la primera acción. Utilizamos las duchas del cámping como lugar de preparación y desplegamos allí todo el equipo. El color elegido para esta intervención fue el negro, el mismo que cubrió los arenales y bañó las costas hace ya un año. El mismo que sigue escondido, esperando… Aquí se refleja el momento en el que nos vestíamos con los trajes de buzo para hundirnos en el agua. Momento para intercambiar instrucciones, momento de aproximación.

Ya en el agua descubrimos que al mar no le gusta ser un actor secundario, aunque muchas veces se le imponga este papel. Ese día el mar estaba alborotado y las olas se empeñaban en llevarnos hacía el lugar en el que batían, todo a su antojo. La acción se vió modificada a su capricho. Así, por momentos éramos chapapote escupido pero también podríamos haber sido náufragos o, como alguien sugiriu en un momento, focas monje varadas. El mar rompiéndose, quizás deshagogándose por lo que no pudo deshacer, quizás bravo porque aún está comiendo algo que no pidió, quién sabe…
.
.
.