
¬_________________________________________________________________
LONGINA CONFERENCIAS. 13 abril, 2007
Os días 13 e 14 de abril Lugo acolleu unhas xornadas adicadas á difusión de música experimental e arte sonora de colectivos e artistas nacionais e internacionais dentro dos parámetros da cultura libre, os procesos de creación colectiva e a producción alternativa.
O programa comprendeu dende o debate teórico ata a acción sonora no entorno da cidade, e culmina cunha mostra do traballo de diversos artistas dentro do variado espectro da arte sonora, a electrónica experimental, a improvisación electroacústica, a música xenerativa e o ruido.
Neste evento presentouse o proxecto Escoitar.org e participouse nunha mesa redonda:
(cos seguintes poñentes, a foto corresponde á mesa redonda do día 13)
M. Inmaculada Cárdenas - Directora do Grupo de Creación Musical da USC.
Chiu Longina - Antropólogo e artista sonoro.
Arturo Vaquero - Productor e músico lucense.
María Pérez (ptqk) - Xornalista e activista no entorno cultura libre.
Tamén se realizou unha intervención sonora na Ponte Vella (Romana) de Lugo, por parte do Colectivo Escoitar.org.
No seguinte link van fotos da intervención:
Festival Artesons, Lugo, Abril 2007
__________________________________________________________________

