Audio: intervención na Radio Galega (O Tren do Serán)

A quinta intervención de Escoitar.org no programa “O Tren do Serán”. Foi o mércores día 19 de decembro de 2007. Alí estivo Chiu Longina, un dos membros do proxecto. Continuouse co “xogo” no que os ointes da Radio Galega teñen que adiviñar a que corresponde o son que se presenta. Neste caso sonou o traballo dos percebeiros de Corme na Punta de Roncudo.
O luns día 2 de Abril de 2007 o equipo de Escoitar.org desprazouse ata Corme para participar nas actividades da semana cultural: O XARABAL DO RONCUDO, organizada pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal. Alí fomos Berio Molina e Chiu Longina. Fomos recibidos por José Ramón Varela, un Cormense de adopción, presidente da Casa de Galicia en Guipúzcoa quen nos presentou a Suso Lista (actor e cronista de Corme e un dos máis coñecidos percebeiros da zona). Suso fixo as veces de guía na actividade “coñece como se extraen os percebes”.
Un dos obxetivos de Escoitar.org é a localización e rexistro de sons de pertenencia, aqueles que definen o carácter acústico dos lugares ou a súa identidade sonora. No caso de Corme e do Roncudo, estaba claro que tiñamos que gravar sons da actividade dos percebeiros, como así foi, pero afondando a través de enquisas e conversas con haitantes da zona chegamos á conclusión de que, ao marxe da actividade percebeira, hai tres sons que os habitantes da zona recoñecen como propios:
O son das gaivotas
O son do Vento esbarando polas rúas do pobo
O son das campás da igrexa tocando a mortoNon tivemos a sorte de rexistrar estes tres sons: facía moi bo tempo, non houbo chegada de barcos de baixura e non morrera ninguén no pobo ese día, pero si que traballamos cos percebeiros.
Escoitala/Escucharla:
.
.
.

